Hemeroteca

Asset Publisher

Back Implántase o servizo de recollida de aceites no Concello de Oleiros

Oleiros, 30 de agosto de 2013-. Implántase o servizo de recollida de aceites no Concello de Oleiros. As tres primeiras localidades en dispoñer do servizo serán Perillo, fronte ao mercado, Santa Cruz, fronte ao antigo Hotel Maxi, e en Santa Cristina, en plena avenida.

Os contedores serán de aceiro con acabado en pintura lacada; contarán con dobre parede de aceiro contra actos vandálicos e desbordamento; a capacidade mínima interior do contedor é de 180 litros; dispoñen de identificación clara do tipo de residuo a introducir, tanto literal como gráfica; e estes contedores cumpren coa normativa de seguridade en vigor sobre o transporte, almacenamento e manipulación de aceites en condicións de resistencia, limpeza e seguridade.

O aceite usado introdúcese no contedor en botellas de plástico que tamén serán recicladas no proceso de reciclaxe do aceite. Elixiuse este sistema e non o de vertido directo por ser moito máis limpo e hixiénico.

Esta é unha medida ambiental que evitará a contaminación das augas cos aceites de cociña usados. Pero tamén ten un obxectivo de sostibilidade xa que este residuo converterase nun combustible para poder circular cos nosos vehículos.

O goberno municipal confía en que a cidadanía asuma rapidamente consciencia sobre a necesidade de reciclar este residuo. Tendo en conta que varias entidades do municipio comezaran con proxectos de recollida de aceite usado, pedíndolle atopar un recipiente nalgún centro cívico con este obxectivo. Tamén se desenvolveron proxectos de recollida de aceites nos colexios e funcionaron con éxito. Por estes motivos, o Concello de Oleiros ten preparado un plan para aumentar os puntos de recolleita en canto sexa necesario.

 

back link