Hemeroteca

Asset Publisher

Back Il Quartteto Improvviso de Savona ofrece un concerto o venres pola tarde na Fábrica

Oleiros, 5 de outubro de 2017-. Mañá venres día 6 de outubro, ás 20:30 horas, o auditorio do centro cultural A Fábrica de Perillo acolle o concerto do grupo italiano Il Quartteto Improvviso de Savona. O espectáculo forma parte do Encontro Internacional de Música de Pulso e Púa de Galicia.

O cuarteto de corda Improvviso percorrerá tres séculos de historia da música. O repertorio abrangue desde a música de Vivaldi, Munier, Calace e Amadei e as soadas páxinas da tradición napolitana (Mezzacapo, Capua) ata chegar ao repertorio contemporáneo (Kreidler, Machado, Pakenham e Gerswhin). Tamén presentará fragmentos de obras de ópera e pezas da tradición popular.

A entrada é libre con invitación. Poderán recollerse un máximo de 5 por persoa a partir das 19:30 horas na Fábrica.

back link