Hemeroteca

Asset Publisher

Back Icía Río representará a Oleiros en Bruxelas nunhas xornadas sobre Axenda 2030

 Oleiros, 29 de xaneiro de 2022-. Icía Río Fernández, veciña de Dexo de 16 anos, será a representante do Consello Climático Xuvenil do Concello de Oleiros nas xornadas formativas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030. Esta actividade vai desenvolverse en Bruxelas os días 29 e 30 de marzo.

 
Icía Río forma parte do Consello Climático Xuvenil desde a súa formación. Ademais da súa preocupación e concienciación polos temas medioambientais, ten participado en numerosas actividades municipais e en entidades sociais, culturais e deportivas do municipio. 
 
Tanto o Consello Climático Xuvenil como as xornadas en Bruxelas forman parte do programa europeo People and Planet no que participa o Concello de Oleiros a través do Fondo Galego de Cooperación.
 
back link