Hemeroteca

Asset Publisher

Back Goberno central, Xunta e concellos acordan o financiamento para iniciar o dragado da ría este a

Oleiros, 15 de xaneiro de 2019-. Esta mañá celebrouse unha reunión na Delegación do Goberno para abordar a financiación do dragado da ría da Pasaxe, que ten un custo de 46 millóns de euros. No encontro participaron  o Secretario de Estado de Medio Ambiente; as conselleiras de Infraestruturas, Medio Ambiente e Mar; e os alcaldes da Coruña, Cambre Culleredo e Oleiros.

O alcalde de Oleiros, tal e como manifestara en numerosas ocasións previas, expuxo que a financiación do dragado da ría correspondíalle ao Estado, por ser o organismo responsable da contaminación existente ao ter autorizado no seu día a instalación das fábricas que verteron residuos tóxicos durante anos. “Malia que dixen centos de veces que os concellos non tiñan que poñer un céntimo para esta obra, como falaban uns e outros de que non había cartos, propuxen que o Concello de Oleiros puxera un millón de euros. Nese momento, a conselleira dixo que a Xunta dispoñía duns fondos europeos para saneamento que se podían meter para o dragado da ría. Un acerto, porque a Xunta non está en disposición de poder gastar ese diñeiro noutros proxectos durante este ano e poderían perderse eses cartos”, comentou Ángel García Seoane.

Finalmente chegouse a un acordo polo que o Estado e a Xunta financiarían o dragado de maneira conxunta, con 23 millóns de euros cada administración. Tamén se adquiriu o compromiso de que as obras teñen que saír a contratación durante este ano, antes das eleccións de maio para evitar posibles cambios.

back link