Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane solicitará unha reunión con Fomento polo retraso nas obras da N-VI

Oleiros, 9 de xullo de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá que solicitará de inmediato unha reunión co director xeral de Estradas polo retraso que acumulan as obras de desdobramento da N-VI ao seu paso polo municipio.  García Seoane sinalou que se trata dun proxecto que naceu hai case 15 anos e que o avance dos traballos é practicamente nulo neste momento. O alcalde asegurou que a súa intención é a de solicitar ao Ministerio que realice o investimento necesario para concluír estes necesarios traballos para a comarca da Coruña.


O rexedor asegurou que lle preocupa especialmente o retraso no tramo entre Mesón da Auga e O Carballo, onde o Ministerio tiña a intención de expropiar os terreos necesarios para poder levar a cabo a obra, pero aínda non o fixera. García Seoane destacou que se trata dunha das vías con maior volume de  tráfico de toda Galicia e na que as retencións se producen a diario e os atascos son habituais. A pasada fin de semana, sen ir máis lonxe, producíronse colas desde o semáforo do Carballo ata o límite do termo municipal, debido ao tránsito de vehículos provenientes da localidade de Betanzos que se atopaba en festas.
 

back link