Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane solicita una reunión urgente con la conselleira por el retraso el la mejora de la

Oleiros, 13 de febreiro de 2015-. O Goberno local de Oleiros solicitou unha reunión urxente coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e  Infraestruturas  para tratar o retraso de máis de catro anos que acumula o proxecto de mellora da AC-173 que une Perillo e Mera, unha das vías autonómicas con maior tránsito de vehículos. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, asegurou en varias ocasións ao longo desta semana que a situación de abandono do proxecto de mellora desta vía por parte de Goberno autonómico é alarmante e provoca, ademais de graves retencións de tráfico en determinados puntos, problemas de seguridade viaria para os transeúntes noutros, como por exemplo na zona de Lourido, onde os viandantes non dispoñen de espazo para transitar sen invadir a calzada. 

 

No pasado ano, o Concello de Oleiros puxo a disposición da Xunta os terreos necesarios para levar a cabo a ampliación da vía e a creación de zonas de tránsito de peóns no tramo comprendido entre as localidades de Santa Cruz e Mera, pero meses despois de facer efectiva a cesión dos terreos, e a pasar de contar co compromiso do anterior conselleiro, a mellora continúa sen executarse. O rexedor sinalou que, se finalmente a responsable autonómica accede a reunirse cos responsables municipais, incidirán a necesidade de executar as melloras nesta transitada estrada e instarán á Xunta a «dicir se si ou se non dunha vez. Así mesmo o rexedor espera saír do encontro cunha data para o inicio dos traballos.

 
 
 
 
back link