Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane solicita de nuevo la ampliación del puente de A Pasaxe

Oleiros, 17 de xaneiro de 2012-. O alcalde de Oleiros solicita de novo a ampliación da ponte Pasaxe. García Seoane considera vergonzoso que os accesos á cidade se colapsen cada vez que se produce un accidente. O Goberno local de Oleiros aposta por un proxecto desenvolto conxuntamente co Concello da Coruña no que se prevé a creación dunha nova ponte paralela que canalizaría o tráfico desde a zona das Xubias cara á estrada da costa, mentres que o actual se encargaría de  asumir o tráfico de entrada e saída da cidade a través da N-VI e Alfonso Molina.

García Seoane precisou ademais que esta obra suporía un investimento acorde á actual situación económica posto que o seu custo non sería moi alto. «Estamos a falar dunha obra que en ningún caso superaría os 5 millóns de euros», sinalou. «Nada de custos desorbitados como as obras do AVE», apuntou. O rexedor oleirense  cre que a cidadanía da comarca coruñesa ten que saír da situación de resignación na que se atopa respecto ao problema nos accesos á cidade. «Os cidadáns teñen que esixir esta obra ao Ministerio a través de cartas e correos electrónicos. Temos que loitar para que a Coruña conte cuns accesos á altura das necesidades», indicou.
 

back link