Oleiros, 28 de maio de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reiterou esta mañá a necesidade de que a Xunta abra de forma inmediata a circunvalación a Oleiros. O rexedor sinalou que esta vía, que permitirá axilizar o tránsito de vehículos ao seu paso pola localidade de Santa María de Oleiros, atópase practicamente lista e que solicitará de novo esta mesma semana ás persoas responsables da Consellería que abran a circunvalación coa maior brevidade posible. García Seoane referiuse tamén ao proxecto de mellora que Xunta e Concello que consensuaron para a mellora da estrada que contempla que une Perillo e Mera. Neste sentido o rexedor sinalou que a Consellería debe tratar as obras de forma gradual. «este proxecto inclúe numerosos investimentos moi necesarios e que hai que ir levando a cabo pouco a pouco», indicou.
«A variante transformará as comunicacións da zona centro»
O rexedor sinalou hoxe que a variante de Oleiros cambiará por completo as comunicacións na zona centro do municipio. Como xa explicou en máis dunha ocasión o trazado comeza na avenida Francisca Herrera, á altura do colexio A Rabadeira. Posteriormente cruza a avenida Miguel Hernández e a avenida Fontedouro, dos importantes rúas da localidade nas que se instalaron sendas rotondas que distribúen o tráfico. Finalmente a nova estrada enlaza coa vía Ártabra na zona de Edreira, único tramo deste importante proxecto que aínda se atopa pendente de concluír.