Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane recomenda ás persoas propietarias de Mesón da Auga que acudan á Xustiza

Oleiros, 17 de xullo de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane,  recomenda ás persoas propietarios na urbanización Mesón da Auga que acudan aos tribunais para lograr unha solución ao grave problema de deficiencias que sofren nas súas vivendas. O rexedor destacou que ante a pasividade mostrada pola Xunta de Galicia, que leva máis de tres anos prometendo solucións e aínda non fixo absolutamente nada respecto a este asunto, non cabe se non recorrer á Xustiza.

García Seoane manifestou que os propietarios deben esixir responsabilidade tanto aos técnicos responsables da certificación dos inmobles como aos políticos do Goberno autonómico que levaron a cabo a súa adxudicación.
 

back link