Son 30 persoas que se atopan visitando o municipio e algúns outros lugares de Galicia da man dos seus compañeiros do IES María Casares, con quen intercambiarán a experiencia.
García Seoane faloulles do concello como un lugar distinto e singular, destacando datos como o pracer de vivir na natureza, o esforzo que realizou a cidadanía por ter tantos parques, unha costa libre, o gran número de preciosos edificios recuperados, as casas para festas e en xeral o interesante que é o municipio para vivir e gozar.
A visita rematou diante da Casa Consistorial onde o Alcalde, acompañado polos concelleiros María José Santos e Ramón Maceira, agasallou ao liceo francés cun conxunto de publicacións municipais onde se detalla a historia do municipio, o patrimonio público arquitectónico e cultural así como os numerosos espazos verdes dos que poden gozar durante a súa visita a Oleiros.