Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane proporá ao Consorcio As Mariñas solicitar o saneamento da Ría do Burgo á Xunta e

 Oleiros, 13 de outubro de 2014-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá a súa intención de propoñer ao Consorcio As Mariñas solicitar o saneamento da Ría do Burgo á Xunta e ao Estado. O rexedor referiuse esta mañá a este problema histórico da comarca coruñesa. «A situación da ría mellorado ao longo das últimas dúas décadas grazas ao esforzo dos concellos na construción das actuais redes de saneamento, que impiden os vertidos á ría, pero a parte alta acumula unha gran cantidade de lodo, froito da actividade durante décadas da industria da Cross», asegurou.

 
«Debemos conseguir que a ría se recupere, o compromiso de Estado e Xunta non pode quedar en nada. Na próxima reunión cos compañeiros do consorcio proporei que, todos a unha, como sempre fixemos, solicitemos á Xunta e ao Estado que esta necesaria obra se trate dunha vez por todas», dixo. García Seoane tamén se referiu á visita de hai algo menos de dous anos na que unha delegación europea avaliou a situación da ría e a implicación de Europa neste problema. A UE visitou as rías galegas e entre elas a ría do Burgo, criticamos no seu momento esta delegación que incluía representantes de todo o arco político porque consideramos a visita testemuñal e parece ser que non nos equivocamos», concluíu.
 
back link