Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane insta a la Xunta a que mejore las carreteras del municipio

Oleiros, 9 de abril de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciou o mal estado no que se atopan varias estradas do municipio de titularidade autonómica e instou a Xunta a que leve a cabo os traballos de conservación e mellora que sexan necesarios. O rexedor referiuse a dúas vías en especial, a estrada que une Perillo e Mera e a que comunica Santa Cruz con Meirás. «Estas estradas teñen o seu firme agretado e a capa de rodadura en moi mal estado», indicou.  García Seoane demandou unha atención especial por parte do Goberno da Xunta para estas vías pola súa importancia para o tráfico no municipio e como acceso á cidade da Coruña desde outros puntos da comarca.

García Seoane destacou o elevado tránsito de vehículos que sofren estas vías do municipio e a importancia de que estas se atopen en bo estado de conservación e conten con beiravías para evitar accidentes e mellorar a calidade de vida dos residentes a través do incremento da seguridade viaria. «Sinto envexa das estradas que teñen noutros puntos de Galicia», indicou. Ademais das estradas de Perillo-Mera e Santa Cruz-Meirás, o alcalde sinalou outras vías que dependen doutras administracións e que tamén deben ser arranxadas, como o tramo entre Coruxo e o cruzamento das Pedreiras, ou a estrada que une Os Regos e Santa Cruz.


Cámaras no punto negro da Pasaxe
No seu repaso ao estado das comunicacións en Oleiros, García Seoane solicitou a instalación de cámaras no punto negro da Pasaxe, na curva de inicio da avenida das Mariñas, como medida para que os condutores reduzan a velocidade neste punto de alta sinistralidade. Así mesmo e referíndose tamén á N-VI o alcalde demandou que se axilicen os traballos de desdobramento desta vía entre O Pinar e Perillo, que se atopen ralentizados desde hai meses polo Ministerio de Fomento.
 

back link