Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane informa de que a promotora do novo hotel de Santa Cruz renuncia ao proxecto

Oleiros, 30 de abril de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane anunciou esta mañá que a empresa promotora que pensaba construír un hotel de cinco estrelas na parcela onde se sitúa actualmente o edificio do hotel Maxi de Santa Cruz comunicou ao Concello que renuncia a levar a cabo o proxecto. García Seoane cualificou esta renuncia como «unha mala nova para os veciños de Oleiros».

O alcalde explicou que a execución deste proxecto facía posible que se demolera o actual edificio en desuso, situado a tan só cinco metros da liña de costa, e que se construíra un novo a 20 metros do mar permitindo urbanizar unha ampla praza anexa ao paseo. Segundo informou García Seoane os motivos que levaron á empresa a renunciar á súa proposta inicial son o actual contexto económico e a lentitude da Administración pública. O alcalde lamentou que este proxecto non vaia ver finalmente a luz, xa que considera que a localidade de Santa Cruz é un marco ideal para albergar este tipo de empresas hostaleiras, posto que actualmente xa é un dos motores económicos da localidade.

Así mesmo, o alcalde referiuse ao apartotel que se construirá nas inmediacións da praia de Bastiagueiro e asegurou que a construción deste edificio podería empobrecer a paisaxe nesta zona, xa que aínda que non son moitos metros de altura a construción escaloada daría unha sensación de densidade. O alcalde sinalou que a pesar diso, o Concello viuse obrigado a  conceder a licenza xa que así o decidiu unha sentenza xudicial.
 

back link