Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane entrega a beca Revela ao fotógrafo José Cendón

Oleiros, 27 de decembro de 2011-. O alcalde de Oleiros Ángel García Seoane entregou esta mañá a José Cendon, gañador da edición 2010 do Foro Internacional Revela, o cheque coa segunda parte premio do certame. Durante o acto, no que tamén estivo presente o comisario da mostra Guillermo González, Cendón presentou o traballo documental realizado sobre o impacto da SIDA e a tuberculose nos núcleos máis desfavorecidos de Sudáfrica.

«A mensaxe que quería transmitir e que esta combinación devastadora das dúas enfermidades, que afecta nalgúns guetos ao 70% da súa poboación, é curable», sinalou o fotorreporteiro. Cendón asegurou que a realización deste completo traballo sería imposible de levar a cabo se non fose por bolsas como Revela, que permiten facer un amplo seguimento aos protagonistas das historias. «Este traballo é posible grazas a Revela», apuntou.

O Foro Internacional Revela é unha iniciativa do Concello de Oleiros que na edición de 2010 contou coa colaboración da Fundación María José Jove e a Deputación da Coruña. Así mesmo, prestaron o seu apoio La Caixa, Viajes El Corte Inglés e Haley. Para obter máis información sobre Revela pódese visitar a páxina do certame, www.revelaoleiros.org.

 

back link