Oleiros, 22 de maio de 2015-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciará ante os tribunais o diario La Voz de Galicia e o Partido Popular de Oleiros por un delito de inxurias e calumnias ante a publicación efectuada no día de hoxe, último da campaña electoral no que se titula “El PP de Oleiros acusa a Gelo de llamar «ramera política¿» a Moraleja”. O dito cualificativo nunca foi pronunciado por García Seoane no mitin celebrado na pista polideportiva de Meixonfrío, en Santa Cruz.
Hemeroteca
Asset Publisher
Hai máis de 500 testemuñas que estiveron presentes neste acto e que poden dar fe que en ningún momento deste a palabra «ramera», nin outra parecida, foi pronunciado pola boca de García Seoane. É de lamentar a campaña de desprestixio que se pretende levar a cabo por parte da oposición coa conivencia dalgúns medios de comunicación e na que se pretende resaltar a figura de Ángel García Seoane como unha persoa agresiva e irrespectuosa cos seus opositores.
Hai quen non tendo ningún argumento, nin proxecto para o municipio, unha vez máis, quere alcanzar o poder con mentiras difamacións e calumnias. No día de hoxe solicitarase á xunta electoral a rectificación do libelo aparecido no citado medio.