Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane denuncia o «vía crucis» de dúas cooperativas de vivendas de veciños de Oleiros

Oleiros, 4 de xuño de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciou esta mañá os continuos atrancos que están sufrindo os propietarios de dúas cooperativas de vivendas do municipio. O rexedor destacou que estes veciños levan dous anos sufrindo un auténtico vía crucis debido á actitude da administración e as trabas das entidades financeiras. En total están afectados 35 cooperativistas, 27 nun edificio e oito máis noutro.

Segundo explicou o rexedor, a Facenda do Estado, propietaria do 8% do terreo onde se edificará o inmoble, aínda non cumpriu o trámite obrigatorio de liquidar a súa parte de solo e a tramitación acumula un retraso de case dous anos de calvario. «Ademais, agora houbo un erro na tramitación do envío e o mandou a Burgos en vez de á Coruña», indicou García Seoane. «É lamentable a ineficacia da Administración», apuntou.

En relación aos bancos o rexedor explicou que a antiga Caixa Galicia, agora Novagalicia Banco, comprometeuse cos propietarios e unha destas vivendas a financiar a obra pero que agora a entidade financeira está «dando largas continuamente». García Seoane afirmou que debido a actitudes como esta o Goberno local de Oleiros está contemplando a posibilidade de sacar a concurso un novo contrato para levar as contas do Concello noutra entidade.
 

back link