Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane convocará a comunidade escolar

 

Oleiros, 29 de outubro de 2010.- O Concello de Oleiros reunirá o Consello Escolar Municipal para estudar, xunto con toda a comunidade escolar e as entidades veciñais, as medidas que se van tomar ante a negativa da Xunta de Galicia a incluír nos orzamentos deste ano a construción dun novo centro en San Pedro de Nós; aínda a pesar de que o Concello de Oleiros puxo a disposición da Consellería de Educación 11.000 metros cadrados de solo “cualificado como dotacional no Plan xeral” na denominada Finca Tenreiro.

Desde a Consellería tratan de xustificarse, “intentando gañar tempo” e poñendo en dúbida a idoneidade da parcela cedida polo Concello.

Ángel García Seoane recordaba onte en Radio Oleiros que “neste momento empeza a haber masificación nalgunhas aulas de centros do municipio que non ten que haber” así que o alcalde recordou que o Concello non se cruzará de brazos e reunirá o Consello Escolar para estudar as medidas que se deben adoptar.

back link