Hemeroteca

Asset Publisher

Back García Seoane avoga por un modelo de deputación eficiente na xestión e equitativa no reparto de

Oleiros, 19 de xullo de 2011-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, avoga  por definir un modelo de deputación provincial que sexa equitativo no reparto dos fondos e eficiente na súa xestión, para que este tipo de organismo poida garantir a súa operatividade nun futuro inmediato. «As deputacións teñen a función de garantir que os fondos estatais se reparten aos concellos dunha forma xusta e equitativa, pero iso non sempre sucedeu así», asegurou o rexedor oleirense. Ademais, García Seoane asegurou que un dos piares fundamentais para que estas administracións sexan funcionais é que se eviten os caciquismos.

García Seoane sinalou que as deputacións se deben centrar en levar a cabo aquelas funcións que lles corresponden e evitar actuacións que intercedan nas competencias dos gobernos locais. Ademais, o alcalde mostrouse partidario de que estes organismos supriman as subvencións a entidades privadas e que entreguen eses fondos aos concellos. «As deputacións non deben subvencionar entidades deportivas, por exemplo, deben entregar estes fondos aos concellos, que teñen as competencias para iso», apuntou.

Así mesmo, o alcalde mostrouse partidario de que as deputacións invistan naquelas zonas mancomunadas ou consorciadas para promover que os municipios compartan servizos e deste modo se poida abaratar o servizo e prestar unha mellor atención á cidadanía. «O que deben facer as deputacións é dar prioridade ás actuacións en infraestruturas naqueles concellos consorciados ou mancomunados. Unha obra que beneficie a catro municipios debe ter prioridade sobre un investimento proposto de forma individual por un só municipio», apuntou. Nesta mesma liña, García Seoane puxo como exemplo os servizos sociais en pequenos municipios. «Concellos de 2.000 ou 3.000 habitantes non poden atender determinados servizos sociais e de benestar. Estes concellos deben consorciarse e as deputacións deben financiar estes consorcios para garantir a calidade de vida da cidadanía», concluíu.

back link