Hemeroteca

Asset Publisher

Back GARCÍA SEOANE RECIBE O RESPONSABLE DA ONG FUNDACIÓN LENCA SOLIDARIA

José Antonio Canales Meléndez, director da fundación, deu a coñecer o traballo de cooperación e desenvolvemento que esta ONG leva a cabo na zona occidental de Honduras

Oleiros, 26 de novembro de 2010-.O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, reuniuse esta mañá con José Antonio Canales Meléndez, director da Fundación Lenca Solidaria, quen deu a coñecer o traballo de cooperación e desenvolvemento que esta ONG leva a cabo na zona occidental de Honduras. O alcalde puido coñecer, a través do testemuño deste cooperante a grande incidencia que o traballo da fundación está tendo na protección de recursos naturais e na seguridade alimentaria e nutricional da poboación do occidente de Honduras, promovendo a saúde, a educación e o desenvolvemento económico da zona. A súa experiencia está permitindo asegurar xestión e seguimento, tanto técnico como financeiro, dos proxectos que se poñen en marcha.

A Fundación Lenca Solidaria é unha ONG fundada por profesionais hondureños que contan con máis de dez anos de experiencia no deseño e na execución de proxectos de desenvolvemento rural. Nace co propósito de dar continuidade ao labor que desenvolveron cos distintos axentes de cooperación internacional con forte presenza na zona, xa que Honduras leva moitos anos sendo un país prioritario para a cooperación polos seus altos niveis de pobreza e baixos índices de desenvolvemento humano

back link