Pola súa parte, os investigadores Jorge Calle e David Lozano contextualizaron a obra e o pensamento de Francisco Miguel nas primeiras décadas do século XX. Puxeron de relevancia a calidade da súa obra vangardista, o seu pensamento político; ou outros aspectos da súa vida como a xerencia dunha libraría na rúa Real da Coruña, o seu paso por México e por París...
O acto, organizado pola Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en colaboración co Concello de Oleiros, foi presentado por Carmen Rodeja. O alcalde, Ángel García Seoane, clausurou a xornada volvendo insistir na necesidade de concienciar a cidadanía, especialmente a mocidade, para evitar que a extrema dereita goberne as institucións, polas devastadoras consecuencias que iso suporía para a democracia e a liberdade.
Hemeroteca
Asset Publisher
O auditorio das Torres de Santa Cruz acolleu unha charla divulgativa sobre o artista Francisco Miguel, asasinado polos fascistas en 1936. Tras a apertura do acto por parte da deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra; Regina de Miguel Gila, bisneta de Francisco Miguel, agradeceu todo o traballo realizado para a recuperación da memoria do seu bisavó, que cualificou como “moi lindo, moi conmovedor e moi emotivo”.