Hemeroteca

Asset Publisher

Back Finalizan con éxito as obras do tanque de tormentas en Santa Cruz

Oleiros, 17 de setembro de 2018-. Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros, anuncia a finalización das obras do tanque de tormentas en Santa Cruz e a apertura do novo parque infantil.

Despois de dous anos e medio despois da súa licitación, a obra do tanque de tormentas está por fin finalizada. Unha infraestrutura de vital importancia para o benestar veciñal de Santa Cruz e do Concello de Oleiros. A importante inversión financiada a través de fondos europeos e autonómicos tradúcese nunha obra que evitará vertidos en Santa Cruz e bombeará as augas de refugallo de Oleiros ata a depuradora de Bens, da que Oleiros é copropietario con outros cinco concellos.

Tamén está prevista a apertura do novo parque infantil de Santa Cruz que contará co dobre de espazo de xogos e estará a disposición das veciñas e veciños do lugar nun ámbito fermoso e modernizado que vai dar unha grande vitalidade á zona. A data da inauguración está sen fixar á espera da confirmación por parte da Xunta de Galicia.

 

back link