Hemeroteca

Asset Publisher

Back Finalizan as obras de mellora do colexio Luis Seoane de Mera

As melloras realizadas no patio frontal e máis na pista deportiva serán culminadas coa instalación no patio de xogos de madeira realizados polos carpinteiros do CMF Isaac Díaz Pardo.

As obras de mellora do patio frontal e pista deportiva do colexio Luis Seoane están a piques de finalizar á falta da instalación duns xogos de madeira, realizados polos carpinteiros do CMF dos Regos, que humanizarán a zona do patio ademais de servir aos nenos e nenas como zona de lecer e esparexemento. 

Entre as obras realizadas, por importe de 41.265,11€; destaca a renovación completa do pavimento da pista frontal, substituíndoo por outro de formigón bituminoso  en capa de 5cm de espesor, e a renovación integral da pista deportiva substituíndo un pavimento altamente esvaradío por un novo dotado dun sistema especial que garante a adecuada adherencia para que non esvare. Ademais pintaranse as liñas de marcaxe dos xogos coas medidas regulamentarias.

“As obras sinaladas, pola súa contía deberíaas abonar a Xunta de Galicia, dado que sobrepasa o que se refire ao mantemento do edificio. Ademais había a proposta de humanizar o patio: unha serie de melloras que non teñen que ver coas necesidades básicas do colexio mais que o equipo directivo pretendía levar adiante polo ben común dos nenos e nenas e que nos pareceron moi ben ao grupo de goberno”, apuntou o alcalde.

back link