Hemeroteca

Asset Publisher

Back Finaliza o Obradoiro de Emprego da Finca Tenreiro

Oleiros, 12 de abril de 2018-. O salón principal do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo acolleu esta mañá a cerimonia de entrega de diplomas aos 15 alumnos que participaron no Obradoiro de Emprego da Finca Tenreiro. O Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro Tato, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidiron o acto.

Durante os 6 meses de duración do obradoiro, o alumnado realizou diversos traballo de carpintería no edificio principal deste gran parque público: retirada de estrutura de madeira en mal estado e colocación dunha nova estrutura de vigas de madeira laminada e creación dunha cuberta interior con taboleiro de fibras de madeira. Ademais recibiron formación complementaria en alfabetización dixital, xestión empresarial, orientación laboral, procura de emprego e formación para a igualdade.

Este programa mixto de formación e emprego foi subvencionado pola Xunta de Galicia, o fondo Social Europeo e o Concello de Oleiros. O fondo Social Europeo cofinanciou dito programa nun 91,89%, con cargo ao programa operativo de emprego xuvenil, para o período 2014-2020. A subvención da Xunta e do FSE foi de 140.188,65 euros e a aportación do Concello foi de 25.000 euros.

back link