Hemeroteca

Asset Publisher

Back Fenosa négase a subministrar a enerxía a unha vivenda na avenida principal da capital do munici

 Oleiros, 25 de xuño de 2021-. Fenosa négase a subministrar a enerxía eléctrica a unha vivenda de recente construción situada na avenida principal da capital do Concello de Oleiros. A obra foi dada de alta polo Concello no mes de outubro sen que ata o momento a empresa lle faga a conexión e elimine a acometida de obra, pola que o veciño está a pagar máis de 100 euros ao mes.

 
Por parte do Concello non existe ningún impedimento para que o contratista de Fenosa realice esta actuación. A non realización desta conexión –que se atopa a 1 metro da vivenda- impide que o Concello devolva os avais presentados polo veciño para a realización das obras de urbanización.
 
Unha vez máis, o Concello de Oleiros denuncia os abusos e a prepotencia das empresas privadas que subministran servizos de uso público. O Concello requirirá a Fenosa que acometa esta actuación.
 
back link