Hemeroteca

Asset Publisher

Back Excursión pola provincia de Ourense e Pontevedra para persoas con diversidade funcional

 O 18 de maio abre o prazo para inscribirse no programa “Findes de lecer”, destinado ao colectivo de persoas con diversidade funcional de Oleiros para ocupar o seu tempo de ocio dunha forma saudable.

Nesta ocasión programouse unha viaxe convivencial de tres días, á provincia de Ourense e Pontevedra, coa idea de potenciar a responsabilidade, a autonomía persoal e social, así como todas aquelas habilidades que favorezan unha axeitada integración social, e que terá lugar os días entre o 19 e o 21 de xuño.

As visitas serán a Ridimoas, Igrexa de Beade, Termas da Chavasqueira, visita guiada á Casa do Patrón e obradoiro de pan, visita nocturna Templo de Veracruz, Allariz: Ponte de Vilanova, paseo polo río Arnoia, Asociación ANDREA, Pazo de Liñares, sala de Aviador Joaquín Loriga, Museo do Xoguete e Museo da Marioneta.
 
As persoas interesadas poden inscribirse entre o 18 e o 25 de maio a través da web municipal. Hai 15 prazas para persoas entre 12 e 55 anos, empadroadas no Concello de Oleiros e con certificado de discapacidade. O día 26 de maio, comunicarase ás  persoas admitidas a adxudicación da praza, e serán citadas xunto coas súas familias o 11 de xuño para unha reunión explicativa en Casa Echeverry e facilitar toda a información. Calquera dúbida pode consultarse no teléfono de atención veciñal, 981 610 000, ou no correo s.sociais@oleiros.org.

ENLACE INSCRICIÓNS

back link