Hemeroteca

Asset Publisher

Back Este xoves concerto de TEIXI BAND nas Torres de Santa Cruz

Durante o mes de xullo, o parque das Torres de Santa Cruz acollerá unha nova edición de As Tardes do Alfar, o microfestival promovido polo Concello de Oleiros que mestura música en directo e demostracións de olería nun entorno privilexiado e aberto á veciñanza.

As actividades desenvolveranse todos os xoves de xullo a partir das 19.00 h, comezando polas mostras de olería en vivo a cargo do recoñecido Alberto Añón, e continuando ás 20.00 h cos concertos dunha selección de artistas galegos e nacionais que abranguen estilos diversos, do rock ao folk, pasando polo indie ou a música de autor.

O xoves 2 de xullo iníciase o microfestival coa actuación de Teixi Band, grupo musical español de rhythm & blues formado en 1997 por músicos procedentes de las bandas Mermelada y Los Elegantes. 


As Tardes do Alfar consolidan nesta nova edición a súa identidade como unha experiencia única, ofrecendo un plan cultural de calidade, ao aire libre e de balde para todas as familias. O Concello de Oleiros convida á veciñanza a gozar desta cita co talento e coa cultura local todos os xoves do mes de xullo, nun espazo aberto e de lecer como son As Torres de Santa Cruz.
 

back link