Hemeroteca

Asset Publisher

Back Este sábado dani ofrece un concerto na Fábrica

 Oleiros, 1 de febreiro de 2022-. A galega dani será a encargada de abrir o IX Ciclo de Música Voces Cálidas para Noites de Inverno cun concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, o sábado ás 20:30 horas. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 3,50 euros.

 
Co seu álbum de debut “Veinte” (El Volcán Música, 2020) dani irrompeu no panorama musical. O disco transita polas sendas máis aveludadas e intimistas do pop contemporáneo, traducindo as súas vivencias en formas sonoras cheas de sensibilidade e emoción, con letras que van directamente ao corazón. Tras este hipnótico debut, producido por Aaron Rux, agora esta viguesa de 23 de anos volve actualizar as bibliotecas musicais co seu esperado novo single “Me da igual”. Xunto a Rux, un novo medio tempo de electrónica fascinante no que explora os desgustos dunha ruptura.
back link