Hemeroteca

Asset Publisher

Back Esta fin de semana disputaranse as semifinais do ¿Torneo de Fútbol Concello de Oleiros¿

Oleiros, 17 de agosto de 2012-. Esta fin de semana disputaranse os partidos de volta das semifinais do “Torneo de Fútbol Concello de Oleiros".

As semifinais serán, por unha banda, Marino de Mera – Deportivo Obrero de Oleiros e, pola outra, Atlético San Pedro – Sta. Cruz.
 
Ás 19:00 horas o Marino de Mera enfrontarase no seu campo de “O Xabrón” ao Deportivo Obrero de Oleiros tendo que remontar unha desvantaxe dun gol, encaixado no primeiro encontro en “O Condús” (1 – 0).

Tamén ás 19:00 horas o Atlético San Pedro disputará no seu terreo de xogo o pase á final contra o Sta. Cruz; cunha renda para os de Vilanova dun gol, xa que o resultado no partido de ida foi de 2 a 3.

 

back link