Hemeroteca

Asset Publisher

Back Esta fin de semana A Fábrica acolle o Festival de Titeres-Galicreques 2013

Oleiros, 4 de octubre de 2013-. O Concello de Oleiros acolle esta fin de semana unha nova edición do Festival de Títeres Galicreques organizado polo Consorcio das Mariñas. Nesta nova edición, que será a IX, serán tres as representacións abertas ao público en xeral que farán as delicias dos máis cativos. Todas as obras terán lugar no auditorio da Fábrica, de Perillo. A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

SÁBADO 5 ÁS 12.00 HORAS
 
Cenicienta en tiempos de Velázquez

Nome da compañía:  La mar de marionetas
Procedencia: Madrid
Técnica: Variñas e manipulación directa
Idioma: Castelán
Duración: 60 minutos
Idades recomendadas: A partir de 4 anos
Sinopse: Espectáculo preciosista que conmove o público familiar. Para os máis pequenos, o ritmo e a sinxela e, á vez, coñecida trama, supoñen grandes emocións e diversión mentres que os maiores gozamos como nenos da beleza plástica e do recordo dunha época que xa Velázquez plasmou con maxia: o tempo de "As Meninas".
 
 
 
DOMINGO 6 ÁS 12.00 HORAS
 
La bolsa mágica de Willy
 
 
Nome da compañía: Teatro de títeres Los Duendes
Procedencia: Valencia-Arxentina
Técnica: luvas e variñas
Idioma: castelán
Duración: 50 minutos
Idades recomendadas: a partir de 4 anos
Sinopse: O trasniño Willy vive nas terras encantadas de Terramar. O seu traballo é recoller contos, que garda na súa bolsa máxica, para despois contarllos aos nenos. Pero estas historias non son doadas de atopar, e mesmo pódense escapar.
 

DOMINGO 6 ÁS 19.00 HORAS
 
Auzokideak
 
 
Nome da compañía: Panta Rhei
Procedencia: Euskadi
Técnica: variante de bunraku
Idioma: castelán
Duración: 65 minutos
Idades recomendadas: a partir de 6 anos
Sinopse: Os protagonistas son nenos e nenas que nos mostran a diversidade existente hoxe en día na nosa sociedade: diversidade funcional, diversidade de etnias... Viven no mesmo barrio. A súa felicidade pende dun fío. Cada un deles contaranos as súas aventuras.
 

back link