Hemeroteca

Asset Publisher

Back Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Oleiros, 1 de febreiro de 2013-. O Concello de Oleiros organiza a partir do próximo martes 5 de febreiro varios obradoiros de máscaras e antefaces nas Bibliotecas Municipais. Esta iniciativa, dirixida a nenas e nenos a partir de 5 anos, ten como obxectivo  festexar o Entroido.
 
Os participantes poderán realizar distintas máscaras e antefaces e coñecerán as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas...) a través da realización dun obradoiro manual e lúdico.
Divertiranse ao mesmo tempo que adquiren coñecementos de etnografía e cultura galegas. Debido a que só hai 20 prazas en cada obradoiro, as nenas e nenos que queiran participar deberán inscribirse na biblioteca correspondente.
 

Mes de febreiro. Hora: 18.30

Día   5  

Biblioteca García Lorca. Montrove

Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda


Día 6   

Biblioteca Rosalía De Castro. Santa Cruz

Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé


Día 7   

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Biblioteca Manuel María. Oleiros


Día 8   

Biblioteca Mª José Trincado. Mera

Biblioteca Ánxel Fole.  Nós

 

back link