Hemeroteca

Asset Publisher

Back Entregados os premios do XI certame literario Descubrindo Oleiros

O teatro As Torres de Santa Cruz acolleu este martes a entrega dos premios do XI Certame literario Descubrindo Oleiros organizado polo SNL municipal.
 

O xurado do certame, atendendo á corrección lingüística, á calidade textual e á orixinalidade concedeu os premios nas diferentes categorías nas que se presentaron un total de 205 relatos.

Na categoría 1ª (alumnado de 3º e 4º de primaria) o relato gañador foi A bruxa Maruxa, de Pedro Vilela Quintela. 

Na categoría 2ª (alumnado de 5º e 6º de primaria) o vencedor foi O baúl dos recordos de Lúa Salgado Diéguez. 

Na categoría 3ª (alumnado 1º e 2º de ESO), o premio é para Alba Caridad Castro con O supervivinte do 73; mais dada a calidade dos textos, concédese un accésit a Marta Fernandez Villar por A sombra da néboa. 

Na categoría 4ª (alumnado de 3º e 4º de ESO) a gañadora foi Tania Taboada Ríos por A derradeira folla. 

Finalmente na categoría 6ª (maiores de 18 anos) a vencedora foi Patricia Díaz González con O paxariño de barro, mais concedeuse de novo un accésit para o relato Ti ben sabes de Francisco Ascón Belver.

Os relatos gañadores serán publicados na web municipal e serán retransmitidos por Radio Oleiros.

O Concello de Oleiros agradece a participación e a implicación dos centros de ensino do municipio así como como de todas as persoas participantes do certame.
 

back link