Hemeroteca

Asset Publisher

Back Entrega do Premio Literario “Descubrindo Oleiros”, o martes 20 de maio nas Torres

O martes 20 de maio ás 19:00 horas o auditorio das Torres de Santa Cruz acollerá a entrega do Premio Literario “Descubrindo Oleiros”.

O certame literario organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros chegou a súa undécima edición na que se estableceron 6 categorías, desde nenos e nenas en idade escolar até maiores de 18 anos.

O obxectivo da convocatoria é a promoción da lingua galega ademais de dar a coñecer espazos do noso municipio, costumes e historia. 

En total presentáronse 205 relatos, destacando a participación maioritaria dos escolares. 

Na categoría 1ª (alumnado de 3º e 4º de primaria) o relato gañador foi A bruxa Maruxa, de Pedro Vilela Quintela. 

Na categoría 2ª (alumnado de 5º e 6º de primaria) o vencedor foi O baúl dos recordos de Lúa Salgado Diéguez. 

Na categoría 3ª (alumnado 1º e 2º de ESO), o premio é para Alba Caridad Castro con O supervivinte do 73; mais dada a calidade dos textos, concédese un accésit a Marta Fernandez Villar por A sombra da néboa. 

Na categoría 4ª (alumnado de 3º e 4º de ESO) a gañadora foi Tania Taboada Ríos por A derradeira folla. 

Finalmente na categoría 6ª (maiores de 18 anos) a vencedora foi Patricia Díaz González con O paxariño de barro, mais concedeuse de novo un accésit para o relato Ti ben sabes de Francisco Ascón Belver.

Desde o Concello de Oleiros agradécese a colaboración dos centros públicos de ensinanza ademais de animar á participación do público adulto neste certame literario.

A entrada ao acto é libre ata completar a capacidade da sala.

back link