O concurso establece 6 categorías. Na primeira categoría, onde participa escolares de 3º e 4º de primaria, presentáronse 98 relatos e resultou gañador Luca Calvo Vázquez, polo seu texto "O vello e os nenos". Na segunda categoría, para rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria, na que participaron 80 relatos, resultou gañadora Icía Santiago García, polo relato "O trasno do bosque".
Na terceira categoría, para alumnado de 1º e 2º de ESO, presentaron 41 relatos e gañou Inés Castiñeira Ballón, co conto "O ronsel de Alba". Na cuarta categoría, para mocidade de 3º e 4º de ESO, presentáronse 11 relatos e gañaron María Victoria Tomé Carrasco, polo relato "Don Vigelo da Costa" e concedeuse un accésit a María González Blanco, polo texto "Entre fume e peóns". A quinta categoría, para xente nova de 16 a 18 anos, quedou deserta. E na sexta categoría, para persoas maiores de 18 anos, rexistráronse 8 relatos, do que resultou vencedora María Verónica Campos García, polo relato "De Perillo a Santaia non hai nada".
Con este premio o Concello pretende fomentar o uso da lingua galega e dar a coñecer o municipio, así como promover a creatividade do alumnado oleirense e das persoas empadroadas en Oleiros.
Proximamente comunicarase a data na que se celebrará o acto público de entrega dos premios. O Concello quere agradecer especialmente a súa implicación á comunidade escolar na promoción e apoio deste certame literario.