Hemeroteca

Asset Publisher

Back El muelle de Santa Cruz se hunde descubriendo un agujero de más de cinco metros

Oleiros, 6 de xullo de 2011-. O peirao de Santa Cruz afundiuse onte por completo deixando ao descuberto un inmenso burato de máis de seis metros de profundidade onde debería estar o recheo que sustentaba esta infraestrutura. Durante a derruba, un camión do servizo municipal que se atopaba baleirando unha foxa séptica afundiuse e foi tragado literalmente polo peirao. No accidente non se produciron feridos, aínda que un operario municipal que se atopaba sinalizando a manobra a piques estivo de ser engulido.

O pasado 20 de xullo de 2010, o alcalde de Oleiros, denunciou publicamente o deplorable estado que presentaba esta infraestrutura e solicitou ao director de Portos que solucionase os danos estruturais do dique. O organismo limitouse a sinalar que non había danos estruturais e cubriu as gretas da superficie cunha capa de cemento. O Goberno local, desconforme coa solución aplicada, sinalou que o peirao estaba perdendo o seu recheo e que cubrir as gretas con cemento non sería unha solución á vez que advertiu do risco para os transeúntes e solicitou o seu peche.

Xusto un ano despois os riscos sinalados polo Goberno local fixéronse realidade. García Seoane desprazouse ao lugar dos feitos para verificar a gravidade do suceso e solicitou a Portos que os traballos de reconstrución da infraestrutura comecen de inmediato. Esta mañá comezaron os traballos na zona.  

back link