Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Ayuntamiento recepciona la escuela de A Braña tras reformarla por completo

Oleiros, 18 de novembro de 2011-. O Concello de Oleiros recepcionou esta mañá a escola da Braña tras reformala por completo para que funcione como escola infantil de 0 a 3 anos. O inmoble atópase situado no centro de Mera e xa funcionara no pasado como centro docente.

Hai máis dun ano, o Goberno local puxo este equipamento a disposición da Xunta co obxectivo de que a Consellería de Traballo e Benestar realizase as reformas necesarias e o dotase de persoal, pero o Goberno autonómico non respondeu á solicitude do Concello. «Ante a pasividade da Xunta, aproveitamos a posibilidade de obter financiamento europeo e decidimos realizar nós a reforma, aínda que era unha responsabilidade da Xunta», sinalou esta mañá o alcalde de Oleiros, quen apuntou que o Goberno local se atopa á espera de que a Consellería decida dotar o persoal e abrir a escola. «Esperamos que poida empezar a funcionar este mesmo curso, aínda que sexa en precario», sinalou.

Déficit de prazas
No municipio de Oleiros hai 550 alumnos e alumnas de 0 a 3 anos  para as tres escolas infantís construídas polo Concello. Deses 550 nenos e nenas, 280 teñen matrícula na actualidade, mentres que 270 se atopan en lista de espera. Debido a este preocupante déficit de prazas o Concello supliu a Xunta construíndo esta escola cun investimento de 240.000 euros. «A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez máis, ignora as súas obrigas a pesar de ser o Goberno local quen a substitúe no gasto das infraestruturas para a prestación dos servizos educativos e sociais», sinalou o rexedor.
 

back link