Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Ayuntamiento inaugura una exposición sobre Cabo Verde

Oleiros, 5 de decembro de 2013.- O Concello de Oleiros, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación, organiza unha exposición de fotografía con Cabo Verde e a súa xente como temática principal. Incluída nas xornadas Irmandade Galicia Cabo Verde, o Castelo de  Santa Cruz acolle desde o próximo 10 de decembro esta mostra do fotógrafo Rober Amado, gañador do concurso Imaxes con Fondo 2012. Tras o seu paso polo castelo de Santa Cruz a exposición visitará o complexo cultural A Fábrica en Perillo.

A mostra, que inaugurará a partir das 19 horas o alcalde, Ángel García Seoane, consta de 20 fotografías e varios paneis explicativos da cooperación do Fondo Galego en Cabo Verde, deseñados por Pepe Carreiro. O autor emprendeu unha viaxe dun mes por 6 das 10 illas que compoñen o arquipélago caboverdiano, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego durante os 11 anos de cooperación con Cabo Verde. As súas instantáneas mesturan viaxes da vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego, que no seu conxunto nos achegan á realidade do país.

Rober Amado naceu en Ferrol en 1985. É licenciado en Psicoloxía e fixo un Máster en Cooperación Internacional e outro en Reporteirismo. É fotógrafo e redactor multidisciplinar, tendo colaborado con diversos medios nacionais como El País,  La Vanguardia, La Voz de Galicia, El Temps ou Periodismo Humano. Recentemente gañou o premio TIFLOS da ONCE na categoría ‘xornalismo dixital’
 

back link