Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Ayuntamiento de Oleiros pone en marcha sus talleres de memoria para personas mayores

Oleiros, 16 de setembro de 2011-. O Concello de Oleiros pon en marcha os seus talleres de memoria para persoas maiores. A actividade comezará o próximo luns día 19. Os talleres de memoria son un tipo de intervención baseada na estimulación cognitiva que aproveitan os recursos de memoria existentes, favorecen o seu exercicio  e  presérvaos co desenvolvemento de tarefas axeitadas. Neste obradoiro de memoria, as persoas realizarán exercicios que axudan a manter esperta a mente, a manter a autonomía e, por conseguinte, mellorar a súa calidade de vida.

Estas sesións de memoria intégranse dentro dunha intervención coas persoas maiores na que se realizan ademais actividades de formación, coñecemento do contorno e actividade física. A actividade diríxese á poboación maior de 60 anos empadroada no Concello de Oleiros. Para facilitar o acceso e evitar os desprazamentos dos usuarios e usuarias realízanse as sesións nas diferentes localidades. As características dos grupos son heteroxéneas, xa que nel inclúense persoas de diferentes idades e capacidades. O traballo abárcase desde unha perspectiva global a través de técnicas de adestramento cognitivo e dinámicas de grupo activas e participativas.

Horarios dos grupos:

•    CASA DA CULTURA DE PERILLO

Grupo I, os luns ás 16:30 h

Grupo II, os mércores ás 18:30 h

•    CENTRO SOCIAL DE MONTROVE

Os luns ás 18:30 h

•    CENTRO CÍVICO DE SANTA CRUZ

Grupo I,  os martes ás 16:30 h

Grupo II, os martes ás 18:00 h

•    CASA DO POBO DE DEXO

Os xoves, ás 16:30 h

•    CASA DA CULTURA DE IÑÁS

Os venres ás 18:15 h

•    CASA DO POBO DE MERA

Os mércores ás 16:30 h

•    CENTRO MUNICIPAL A CARBALLEIRA NÓS

Os venres de 16:30 ás 18:00 h

back link