Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Ayuntamiento de Oleiros convoca una asamblea para informar a los usuarios del centro de salu

Oleiros, 2 de setembro de 2011-.  O Concello de Oleiros convoca unha asemblea para informar as persoas usuarias do centro de saúde de Santa Cruz da situación na que se atopa a dita instalación. A reunión celebrarase o próximo luns día 5 ás 20.00 horas no teatro As Torres de Santa Cruz. O abandono por parte da Consellería de Sanidade do mantemento do centro de saúde e do centro de urxencias, o que está provocando un problema de falta de hixiene e risco de infeccións neste equipamento sanitario, e a actitude sostida pola Consellería que intenta confundir á cidadanía achacando a responsabilidade ao Concello son os motivos que levaron ao Goberno local a convocar esta asemblea.

O Concello de Oleiros cedeu o centro de saúde de Santa Cruz o 26 de abril de 2010, segundo o convenio subscrito (PDF - 300.59 KB) coa anterior conselleira de Sanidade, María José Rubio Vidal, o 26 de marzo de 2009 (PDF - 300.59 KB)ao abeiro do pacto local asinado no ano 2006 entre o presidente da Xunta nese momento, Manuel Fraga Iribarne, e a Federación Galega de Municipios. A través do dito convenio a Consellería de Sanidade asumía a titularidade dos centros de saúde e o mantemento destes.

Na asemblea que se celebrará o próximo luns día 5 ás 20.00 horas nas Torres de Santa Cruz informarase ás persoas usuarias da situación do centro e decidiranse as medidas que procedan para que a Xunta de Galicia, dunha vez por todas, asuma as súas competencias.

Se o que pretende o Goberno autonómico, igual que está facendo noutras comunidades onde goberna, é pechar o centro de urxencias non o vai lograr por esta vía. Do mesmo modo, tampouco vai obrigar ao Concello de Oleiros a asumir cargas de exclusiva competencia da Consellería de Sanidade.

DOCUMENTOS RELACIONADOS:

Documento que acredita a cesión patrimonial do centro de saúde de Santa Cruz ao Servizo Galego de Saúde (2 de marzo de 2010) (PDF - 117.95 KB)

Documento que acredita a cesión patrimonial do centro de saúde de Santa Cruz ao Servizo Galego de Saúde tras sinalar a Xunta que perdera a documentación recibida con data de 2 de marzo de 2010 ( 10 de marzo de 2010) (PDF - 215.40 KB)

back link