Hemeroteca

Asset Publisher

Back El Ayuntamiento consolida la estructura del paseo marítimo de Mera, dañado durante el temporal

Oleiros, 7 de febreiro de 2014-. O Concello de Oleiros levou a cabo con éxito un traballo de consolidación e recuperación da estrutura do paseo marítimo de Mera. Esta infraestrutura sufriu importantes danos durante o temporal da pasada fin de semana cando a acción do mar danou a súa estrutura e logrou desprazar o paseo un metro separándoo da vía.

Esta obra levouse a cabo contra o reloxo polo Departamento de Servizos Municipais, xa que o obxectivo do Goberno local era consolidar a estrutura ante a inminente chegada doutra fronte esta madrugada que podería provocar danos maiores no paseo e incluso causar un derrubamento parcial ou total deste.

Os traballos comezaron o pasado mércores a primeira hora e prolongáronse ata as 12.00 horas de hoxe, cando o paseo quedou aberto ao tránsito de peóns. Para executar a obra necesitáronse os servizos de maquinaria pesada, unha retroescavadora e dous camións, maquinaria auxiliar e 21 operarios.
 

back link