Hemeroteca

Asset Publisher

Back Dous policías locais colaboran en Valencia na limpeza e recuperación das zonas máis devastadas

Os axentes da Policía Local de Oleiros Jacobo Abella e Iago Cabrera están a colaborar en Valencia nas tarefas de limpeza e recuperación dos municipios afectados pola DANA. Estes dous policías renunciaron a parte das súas vacacións para aportar a súa axuda profesional.

O Concello fíxose cargo dos custos de desprazamento así como do material de protección necesario para poder traballar nas rúas devastadas pola auga. Aproveitando a experiencia dos axentes in situ e os contactos realizados nos distintos municipios, tal e como estaba previsto o Goberno municipal dirixirase nas próximas semanas aos concellos máis afectados co ánimo de participar nalgún programa de reconstrución concreto co que poder materializar de forma efectiva a inmensa  solidariedade do pobo de Oleiros con Valencia.
 

back link