Oleiros, 11 de novembro de 2011-. A Sociedade Cultural Recreativa Deportiva Dorneda organiza ao longo desta fin de semana a celebración das festas de San Martiño. Os actos de celebración comezan esta tarde cunha misa na honra de San Martiño que se celebrará ás 17.00 horas na igrexa parroquial. Pola tarde organízase unha sesión de xogos populares e ás 21.00 horas comezará unha churrascada. Ademais ás 22.00 horas realizarase unha exhibición de bailes de salón que dará paso á actuación dun pinchadiscos ás 22.30 horas.
Mañá celebrarase unha carreira popular ás 10.20 horas da mañá. Máis tarde celebrarase unha comida con degustación de callos. Ademais a asociación instalará inchables e un toro mecánico. Pola tarde haberá un magosto con degustación de chourizos e castañas e para terminar o día celebrarase unha verbena que comezará ás 22.00 horas coa actuación da orquestra D`Cine. Os actos terminarán a mañá do domingo ás 13.00 horas cunha misa na igrexa parroquial.