Hemeroteca

Asset Publisher

Back Dorneda celebra a festa do San Martiño

 Oleiros, 6 de novembro de 2014-. A Sociedade Cultural Recreativa Deportiva de Dorneda, coa colaboración do Concello de Oleiros, organiza para o próximo sábado un completo programa de actividades para conmemorar a festividade local do San Martiño. O sábado día 8 pola mañá disputarase o XXXI maratón San Martino. A saída será ás 11 horas dende a polideportiva de Rialta. As inscricións se poden facer dende ás 9 ata ás 10 horas do mesmo día da carreira,ou con anterioridade contactando coa asociación. O custo é de 2 euros. 

 
Posteriormente, ás 13 horas terá lugar a tradicional misa en honra de San Martiño. Xa pola tarde celebrarase o magosto, e ás 18 horas haberá unha festa infantil con grupo de animación, música e maxia para pequenos e grandes. Tamén se servirán chourizos asados e chocolatada. Para rematar, o domingo día 9 as 13 horas terá lugar a misa na honra da Virxe das Dores.
 
back link