Hemeroteca

Asset Publisher

Back Documental-homenaxe ás mulleres modistas e coidadoras, o xoves 8 nas Torres de Santa Cruz

Imagen Documental-homenaxe ás mulleres modistas e coidadoras, o xoves 8 nas Torres de Santa Cruz

O vindeiro xoves 8 de outubro ás 19.00 horas o teatro das Torres acolle a estrea do documental NON DAMOS PUNTADA SEN FÍO, VII Premio Luísa Villalta a proxecto pola igualdade 2025 da Deputación da Coruña.

O documental, rodado integramente en Oleiros, fala sobre o proceso de creación, produción e montaxe do espectáculo teatral “Manual de Patronaxe”, da compañía teatral Teatro do Noroeste.

O filme está dirixido por Eva Alonso e conta co realizador César Seijas, que seguen de preto e documentan durante varios meses as labores do equipo de Teatro do Noroeste durante a produción de Manual de Patronaxe, un espectáculo homenaxe ás mulleres, ás modistas e ás coidadoras. 

O texto, da dramaturga Nerea Brey, levou o Premio Abrente da MIT de Ribadavia do 2023. O documental conta tamén coas entrevistas ás mulleres profesionais que fixeron posible o espectáculo.

A entrada é libre, ata completar a capacidade da sala.