Hemeroteca

Asset Publisher

Back Dobre sesión de monicreques, o domingo na Fábrica

Oleiros, 9 de outubro de 2015-. O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle o domingo dúas representacións dunha nova edición do Festival Internacional de Títeres que organiza o Consorcio das Mariñas en colaboración co Concello de Oleiros. Ás 12:00 horas a compañía Planjset representará A danza das marionetas e ás 18:30 horas a compañía La mar de marionetas presenta A risa de Alicia.

A obra matinal oferta un orixinal espectáculo popular de monicreques bailaríns. Pola tarde, A risa de Alicia mestura o musical e o teatro de autor para contar a historia de Alicia, unha nena que non sabe discriminar a realidade da fantasía. As dúas representacións son abertas ao público e farán as delicias dos máis cativos. A entrada a todas as representacións será gratuíta, ata completarse a capacidade da sala.
 

back link