Manuel Fernández Siso dedicou moitos anos da súa vida á defensa do interese veciñal, especialmente á parroquia de Dexo. Entre outras iniciativas, foi clave nas negociacións para a adquisición por parte do Concello dos terreos que hoxe forman a Casa do pobo, o parque e a pista polideportiva cuberta, que eran propiedade da Igrexa. Con este acto preténdese deixar constancia do traballo de Manuel Fernández Siso polo ben común.
Hemeroteca
Asset Publisher
Este sábado 9 de agosto, ás 12:30 horas, terá lugar o descubrimento dun placa en recoñecemento a Manuel Fernández Siso, concelleiro de Urbanismo entre os anos 1979 e 2007. Será en Dexo, no entorno do parque da Casa do pobo.