Hemeroteca

Asset Publisher

Back Denuncias veciñais polos continuos accidentes na curva do Seixal da N-VI

 Oleiros, 13 de xaneiro de 2015-. Veciños e veciñas residentes na zona do Seixal, nas inmediacións da curva coñecida como de Biona, en San Pedro de Nós, denunciaron o alto número de accidentes que se producen neste tramo da N-VI ao seu paso polo municipio. En concreto producíronse 14 sinistros desde que concluíron as obras de ampliación da vía hai dous anos, 6 aconteceron ao longo de 2013 e oito o pasado ano.

 
As persoas residentes aseguran que os vehículos sinistrados cruzan os catro carrís da calzada e chocan directamente contra as vivendas que se atopan na marxe oposta. Ademais o risco para os viandantes é maior posto que antes da colisión transitan por unha zona peonil, o que nun futuro pode causar algún atropelo con fatais consecuencias.
 
O Concello de Oleiros, coñecedor do problema a través das denuncias veciñais, instou ao Ministerio de Fomento a que trate este grave problema. Ademais solicitou que instale un muro protector que divida os sentidos de circulación en toda a zona de risco que é de algo máis de 40 metros. O goberno local insta ao Ministerio a que realice os traballos coa maior urxencia posible.
 
back link