Hemeroteca

Asset Publisher

Back Danza contemporánea no García Márquez o sábado 17 de outubro: “NGOMA”, de La Guajira

 O auditorio Gabriel García Márquez acolle este sábado 17 de outubro ás 20:30 horas un espectáculo de danza contemporánea: NGOMA.

NGOMA é un espectáculo de danza contemporánea e novas linguaxes que emerxe desde a memoria corporal afrodescendente, atravesada pola enerxía vital do entroido de Santiago de Cuba. A obra propón unha viaxe física e simbólica a través do movemento, onde un pai e unha filla sosteñen o vínculo que habita na transmisión interxeracional, explorando a conexión entre ritmo, identidade e memoria e reivindicando o ancestral desde unha mirada contemporánea.

Ngoma é tambor, pero tamén é rito, é corpo. É unha cerimonia danzada que volve a mirada á orixe para reencontrarse co presente

O espectáculo está dirixido público maior de 12 anos e o custe da entrada é de 4,00 euros. A compra anticipada está dispoñible a partir do domingo 11 de outubro ás 12.00 horas a través de www.giglon.com, e na billeteira do auditorio desde unha hora antes do comezo de cada espectáculo. O pagamento na billeteira só se poderá realizar a través de tarxeta bancaria.

COMPRA DE ENTRADAS

back link