Hemeroteca

Asset Publisher

Back Dúas interesantes actuacións musicais complementan a mostra Alfaroleiros durante esta fin de se

Oleiros, 05 de agosto de 2016-. Os grupos Al Vila Band e Hot Chocolates actuarán esta fin de semana na praza Esther Pita de Santa Cruz, con motivo da feira Alfaroleiros que comezou o pasado mércores e rematará o domingo. Ás actuacións destes dous grupos, xunto con outras actividades, complementarán a mostra de olería máis importante de España que acolle durante estes días o parque Luis Seoane.

O sábado, ás 20:00 h, a compañía Circo Chosco presentará o seu espectáculo Forzu2. Unha actuación para o público infantil que conta con malabares, acrobacias aéreas e pallasos. Seguidamente, ás 22:30 horas comezará o concerto de Al Vila Banda, unha banda de pop/rock de moita calidade liderada polo cantautor ferrolán Vila.

O domingo a feira pechará contra as 21:00 horas co concerto da agrupación Hot Chocolates. Esta banda ofrecerá ás persoas asistentes un espectáculo eminentemente festivo, no que os músicos transmitirán unha mestura entre a ledicia e o positivismo do jazz tradicional e a diversión do baile do swing.

Durante toda a fin de semana as pezas estarán expostas de 10:00 a 22:30 horas. Durante ese tempo os oleiros participantes, procedentes de diferentes puntos do Estado, ensinarán e venderán as súas creacións e realizarán diversas demostracións. Cabe subliñar que en todos os casos se trata de pezas artesanais únicas e dunha calidade inigualable.


 

back link