Oleiros, 20 de xullo de 2012-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane informou esta mañá de que dúas empresas optan ao contrato de subministración de fluído eléctrico, que neste momento se atopa en proceso de adxudicación. Trátase Endesa Energía S.A. e Iberdrola Generación S.A.U. Con este contrato, que significa a entrada no mercado libre, o Goberno local prevé un aforro significativo na facturación.
Ademais da economía que suporá esta iniciativa tomada polo executivo local, o Concello está poñendo en marcha diversas medidas que permitirán chegar ata un 30 % de aforro respecto ao actual gasto en enerxía eléctrica. A posta en marcha das directrices establecidas pola auditoría enerxética realizada o pasado ano, entre as que se atopa a introdución da tecnoloxía led, a instalación de redutores de fluxo e o uso de reloxos astrolóxicos, permitirá que o aforro total se achegue ao 30% respecto ao gasto actual, que estes momentos supera 100.000 euros mensuais, segundo sinalou o propio rexedor.