Hemeroteca

Asset Publisher

Back Dúas compañías alternaranse para ofrecer o servizo da liña de autobús que conecta Lorbé co Burg

Oleiros, 15 de xaneiro de 2016-. A Xunta de Galicia decidiu que a compañía que presta actualmente os servizos da liña de autobús que conecta Lorbé co Burgo faga o transporte durante 8 meses e outra empresa o realice durante outros 4. O Goberno municipal, que subvenciona esta liña con 60.000 euros anuais, supervisará para que as persoas usuarias non se vexan afectadas por esta nova situación.

Hai uns días que a Xunta de Galicia mantivo unha reunión co Concello de Oleiros para informar sobre este cambio, que o Goberno local vixiará de preto para que non se produza ningún detrimento na calidade do servizo. Desde xaneiro ata agosto, seguirá realizando o servizo a mesma compañía que o fai na actualidade e partir de setembro será a quenda da outra empresa.

Os usuarios e usuarias desta liña poderán seguir empregando as mesmas tarxetas para realizar os pagos que ata o de agora e o único cambio que percibirán será que o bus que utilizarán nos catro últimos meses do ano será distinto. O Concello de Oleiros creou no seu día esta liña de transporte para comunicar as localidades do norte do municipio, con Iñás e Nós por considerar que son as que contan coas peores comunicacións no concello.
 

back link